Despachos e asesorías
Asistente de IA para despachos de avogados e asesorías
Cada chamada interrompe un escrito ou unha declaración. Ela atende, recolle o asunto, dá a cita con quen corresponde e déixate todo resumido.

Primeira consultaLuns 11:00 · Laboral · E. Navarro
Que mellora
O que cambia no teu despacho
Os problemas de cada día e como os resolve a asistente.
✕Interrupcións constantes
As chamadas xa non cortan un escrito ou unha declaración: ela atende e déixate o resumo.
✕Consultas sen filtrar
Recolle o asunto antes de dar a cita, para que chegues preparado á reunión.
✕Citas con quen non corresponde
Laboral, fiscal ou civil: cada consulta vai ao profesional que leva a materia.
✕Clientes que chaman en época de campaña
Nos meses de máis traballo atende a todos sen que se colapse a centralita.
✕Documentos que faltan
Ao dar a cita dille ao cliente que ten que traer, e mándallo por escrito.
Para despachos e asesorías
Pensada para como traballas
Filtra as consultas, dá citas con cada profesional e recolle o asunto antes da reunión, por WhatsApp e por teléfono.
O asunto, por diante
Recolle de que trata a consulta antes de dar a cita.
Co profesional axeitado
Laboral, fiscal ou civil: a cita vai con quen leva cada materia.
Sen dar consellos
Ela organiza; a resposta profesional dála ti.
Resumo de cada conversa
Na caixa de entrada, co falado e os datos de contacto.
Por todos os canais
WhatsApp, teléfono, a túa web e a súa app
- Contesta o WhatsApp de sempre, tamén notas de voz
- Colle as chamadas que non podes atender, con voz natural
- Un botón de chat e voz na túa páxina web
- Unha app para que os teus clientes reserven desde o móbil
- Todo nun mesmo panel, coa túa axenda
Mírala traballar co teu despacho
Prepárámoscha cos teus servizos, os teus horarios e a túa forma de atender.








