Onde che escriban ou che chamen, contesta
WhatsApp, chamadas, o chat da túa web e a app dos teus clientes. Cada cliente usa o que prefire e ti o ves todo nun mesmo panel.
Os teus clientes xa che escriben por WhatsApp.
Contesta o WhatsApp do teu negocio ao momento, entende notas de voz, dá citas e reservas na túa axenda e pásache o importante. Co número de sempre do teu negocio.
- O teu número de sempre
- Para un ou para varios números
- Entende notas de voz
- Manda documentos e ubicación

Unha chamada sen coller é un cliente que chama a outro.
Colle as chamadas que non podes atender cunha voz natural, entende o que pide o cliente, dá a cita falando e déixate a chamada resumida.
- Voz natural, de muller ou de home
- Dá a cita falando
- Só cando ti non podes
- Pásache a chamada se fai falta

Quen visita a túa web ten unha dúbida agora, non mañá.
Un botón na túa páxina web para que os teus visitantes escriban ou falen coa asistente, pregunten o que queiran e reserven sen saír da web. Ponse cunha liña de código.
- Unha liña de código
- Escribir ou falar
- Reserva sen saír da web
- Coas túas cores

O teu negocio no móbil dos teus clientes, sen ir a ningunha tenda de aplicacións: ábrena desde a túa web, o teu cartón ou unha ligazón que lles mandas.
Os teus clientes teñen a app do teu negocio no móbil, sen descargar nada de ningunha tenda: reservan, ven e cambian as súas citas, e falan coa asistente por escrito ou por voz.
- Sen descargar nada
- As súas citas, á man
- Escribir ou falar
- A túa imaxe

Tes o teu propio programa?
Conéctao coa API de CallChat IA: horas libres, reservas e conversas coa asistente desde o teu sistema.
Pruébaa co teu propio negocio
Mostrámoscha funcionando cos teus servizos e horarios. Sen compromiso.