Asistente de IA para o WhatsApp do teu negocio
Os teus clientes xa che escriben por WhatsApp. Ela contéstalles en segundos, a calquera hora, co teu ton e coa túa axenda diante.

WhatsApp, ben atendido
Contesta o WhatsApp do teu negocio ao momento, entende notas de voz, dá citas e reservas na túa axenda e pásache o importante. Co número de sempre do teu negocio.
O teu número de sempre
Os teus clientes seguen escribindo ao mesmo WhatsApp de sempre e non notan ningún cambio, salvo que agora lles contestan ao momento.
Para un ou para varios números
Un local ou varias sedes: cada número coa súa axenda, e todo no mesmo panel.
Entende notas de voz
Se o cliente manda un audio, entendeo; e se o prefires, contesta tamén con voz.
Manda documentos e ubicación
A carta, a lista de prezos ou como chegar, en PDF e ao momento.
Recordatorios por WhatsApp
O día antes da cita; se o cliente non pode vir, cámbiaa na mesma mensaxe.
Ti entras cando queiras
Desde o panel ou desde o propio móbil: mentres escribes ti, ela agarda.
Así se pon en marcha
- Conectas o WhatsApp do teu negocio desde o panel; axudámoste a facelo.
- Ensínalle os teus servizos, horarios e normas.
- Desde ese momento contesta ela e ti o ves todo no panel.

Outros canais
Pruébaa co teu propio negocio
Mostrámoscha funcionando cos teus servizos e horarios. Sen compromiso.