A túa asistente de IA contesta aos teus clientes cando ti non podes.
CallChat IA colle as chamadas, responde o WhatsApp e o chat da túa web, dá citas e reservas na túa axenda e deixa cada conversa anotada. Ti segues co teu.
- Chamadas
- Chat da túa web
- App dos teus clientes

Onde che escriban ou che chamen, contesta
Todas as conversas chegan ao mesmo panel, sexa cal sexa o canal.
Os teus clientes xa che escriben por WhatsApp. Ela contéstalles en segundos, a calquera hora, co teu ton e coa túa axenda diante.
Ver máisChamadas
Unha chamada sen coller é un cliente que chama a outro. Ela colle as que ti non podes, fala con naturalidade e dá a cita na mesma chamada.
Ver máisChat da túa web
Quen visita a túa web ten unha dúbida agora, non mañá. Cun botón na túa páxina, a asistente contéstalle, dálle a cita ou a reserva ao momento.
Ver máisApp dos teus clientes
O teu negocio no móbil dos teus clientes, sen ir a ningunha tenda de aplicacións: ábrena desde a túa web, o teu cartón ou unha ligazón que lles mandas.
Ver máisTraballa coa túa axenda de verdade
Sabe que horas libres tes, canto dura cada servizo e quen o fai. Dá a cita, pide o nome, confirma o teléfono e anótaa. Se o cliente non pode vir, cámbiaa.
- Citas e reservas na túa axenda, sen solapes
- Respostas ás dúbidas co que ti lle ensinas
- Recordatorios e lista de espera
- Voz de muller ou de home, co ritmo e o ton que escolllas
- Pásache a ti o que precisa unha persoa

Feita para negocios que non paran
Cada sector ten a súa forma de traballar. Mira como atende no teu.

Perruquerías e estética
Dá citas por WhatsApp e por teléfono mentres tes as mans ocupadas.

Restaurantes e bares
Colle as reservas en pleno servizo.

Clínicas e saúde
Primeiras visitas, revisións e sesións por WhatsApp e teléfono, con cada profesional e a súa axenda, e avisos para que non se perda ningunha cita.

Clínicas veterinarias
Consultas, vacinas e peluquería canina por WhatsApp e teléfono, co nome da mascota e aviso inmediato ao equipo se é unha urxencia.

Talleres mecánicos
Citas para revisión, ITV, pneumáticos ou diagnóstico por WhatsApp e teléfono, coa matrícula e o modelo, sen soltar a chave inglesa.

Despachos e asesorías
Filtra as consultas, dá citas con cada profesional e recolle o asunto antes da reunión, por WhatsApp e por teléfono.

Academias e ximnasios
Clases de proba, horarios, prazas e dúbidas de prezos por WhatsApp e teléfono, tamén pola noite e o fin de semana.

Inmobiliarias
Contesta por cada inmoble, organiza as visitas con cada axente e recolle o que busca o comprador, tamén fóra de horario.

Tendas en liña
Responde dúbidas de produtos con prezos e existencias reais da túa tenda, conta como vai un pedido e manda a ligazón de pagamento.
Todo o teu negocio dun vistazo
As conversas en directo, a axenda do día, as chamadas atendidas e o que te agarda a ti. Desde o ordenador ou o móbil, para ti e o teu equipo.
Un plan para cada negocio
Prezo pechado segundo os teus canais e o teu volume. Sen permanencia.
Esencial
Para comezar cun canal
- WhatsApp ou chat da túa web
- Citas e reservas na túa axenda
- Recordatorios e lista de espera
Profesional
O máis escollido polos negocios
- Todo o de Esencial
- WhatsApp, chat da túa web e app dos teus clientes
- Notas de voz e respostas con voz
Profesional + Chamadas
Para non perder nin unha chamada
- Todo o de Profesional
- Contesta as chamadas con voz natural
- Resumo de cada chamada no panel
Empresa
Varias sedes, cadeas e franquías
- Todo o de Profesional + Chamadas
- Varias sedes e axendas
- API para conectar o teu programa
Prezos sen IVE. As mensaxes de WhatsApp que cobra Meta págase aparte, segundo as súas tarifas oficiais.
Pruébaa co teu propio negocio
Mostrámoscha funcionando cos teus servizos e horarios. Sen compromiso.